Organigrama

Presidente e consello de administración

Ricardo Barros

Vicepresidente

Pedro Posada

Vicepresidente

Fernando Rodilla

Conselleiro

Primitivo Ferro

Conselleiro

Carmen Avendaño

Conselleira

Dirección xeral

Antonio Chaves

Dirección xeral

Dirección corporativa

Area de administración, finanzas e rrhh

María José Herbón

Directora corporativa

RCCELTA

Felipe Miñambres

Director Área Deportiva

Maruxa Magdalena

Directora Área Márketing

Julio Vargas

Director Área Seguridade e Instalacións

Director Área Comercial

Director Área Comercial

Fundación

Germán Arteta

Director Área Fundación

Eduardo Covelo

Director Área Canteira

Afouteza

Carlos Cao

Director Área Negocios

Carmen Avendaño Otero, nada en Vigo en 1954, foi unha pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción, e é coñecida pola creación da fundación Érguete-Integración e a Asociación Érguete, da que é presidenta. Foi concelleira do PSOE e no Concello de Vigo e deputada provincial do PSOE en Pontevedra, e, membro da asemblea xeral de Caixanova.

Obtivo numerosos premios entre os que destacan o Premio Xustiza e Sociedade, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, a Medalla Concepción Arenal e a Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social. Ocupa o posto 94 na lista dos 125 mais influentes e está incluída na base de datos de mulleres referentes galegas.

Primitivo Ferro Rivadulla

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica da USC en Dereitos Fundamentais e Liberdades Públicas, en Xestión Empresarial pola Escola de Organización Industrial de Madrid, e en Alta Xestión de Empresas Agroalimentarias polo Instituto Internacional San Telmo.

Avogado, Socio Director en España de FERRO ABOGADOS, en Bogotá (Colombia) de FERRO CAMARGO ABOGADOS e en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) de FERRO ROCA ABOGADOS.

Conselleiro e Letrado Asesor de diversas compañías do ámbito empresarial galego.

María José Táboas

Licenciada en Filoloxía Española, pola UNED. Na actualidade, ademais de Conselleira do Real Club Celta, é Tesoureira e membro do Comité Executivo e do Pleno da Cámara de Comercio de Vigo. Comezou traballar en Citroën moi nova como auxiliar administrativa, onde cos anos ascendeu ao cargo de Directora de Relacións Exteriores e Institucionaisconverténdose na primeira muller en formar parte do equipo de Dirección do xigante do motor na cidade olívica.

Carlos Salvador Herrera. Licenciado en Ciencias da Información (periodismo) pola Universidade Francisco de Vitoria. Executive Master en Marketing e Ventas pola ESADE Business & Law School.

Julio Vargas Collazo. Director de Seguridade pola Universidade Antonio de Nebrija. Director de Seguridade con habilitación do Ministerio do Interior TIP 7358. Xefe de Seguridade con habilitación do Ministerio do Interior TIP 6865. Sendas Mencións Honoríficas Tipo A do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil.

José Fernando Rodilla Martínez, nado en Vigo no 1950, procedente da canteira celeste, foi seleccionado 4 veces para xogar cola Selección Española sub -23, vestiu a camiseta do Celta entre os anos 1970 e 1976, formando parte do primeiro Celta europeo. Ademais, xogou un partido coa selección de fútbol de España, o 28 de outubro de 1970, en Zaragoza nun amigable contra Grecia. Tamén xogou un partido coa selección Europea en homenaxe a Columna.

En relación á súa traxectoria empresarial, traballou doce anos no Banco Simeón empezando como comercial e os últimos catro anos como Director de Oficina, representando unha das sucursais de Vigo.

Posteriormente traballou quince anos como Director da Caixa de Pensiones de Barcelona.

Pedro Posada Martinez, naceu en León, no ano 1944. Empresario dedicado ás Cimentacións Especiais e á extracción e elaboración de granitos. Foi Conselleiro Delegado de Pilotes Posada SA e Tablestacas y Pilotes, SA.

Na actualidade é Conselleiro Delegado e asesor de Cimiber, SL e Conselleiro Delegado de Granitos Vigo SL empresa dedicada á extracción e elaboración de Granitos.

Maruxa Magdalena Seoane. Licenciada en Ciencias Empresariais, especialidade Negocios e Marketing Internacional, pola European Business School de Londres. PSDV (Programa Superior en Dirección de Ventas) pola ESIC Business & Marketing School.

Eduardo Covelo Mateo. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte polo INEF Galicia. Entrenador Nivel 3 pola RFGF. Master en Alto Rendemento Deportivo polo COE e a UAM. Master de Preparación Física no Fútbol pola RFEF e a UCLM. Especialista Universitario en Dirección Deportiva pola RFEF e a UCJC.

D. Ricardo Barros Hermida

Vicepresidente, Nigrán, 1965

Iniciou a súa traxectoria profesional en 1965, na empresa familiar Hormigones Valle Miñor, S.A, sociedade do sector da construción dedicada á fabricación de formigón e elaboración de áridos, desempeñando diferentes cargos relacionados coa produción e administración da sociedade.

Posteriormente, en 2002, foi nomeado Conselleiro Delegado do grupo mercantil Grupo Miñor Galicia, composto por varias entidades de diversos sectores, como construción, promoción inmobiliaria, …

Germán Arteta. Diplomado en Marketing no Instituto Nacional de Técnicas Especializadas (INTE). Master en Marketing por la University of California. Bachelor Degree, Economics pola London School of Economics and Political Science (LSE).

Felipe Miñambres. Director Deportivo pola RFEF. Director deportivo do Raio Vallecano e desde 2016 do Real Club Celta.

Carlos Cao Pérez. Enxeñeiro Técnico Industrial pola Universidade de Vigo. Master MBA Executive da Escola de Negocios Afundación. International Business Program pola Georgetown University.

María José Herbón Prada. Licenciada en Ciencias Empresariais na especialidade de Financiación, pola Universidade de Vigo. Licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Facenda Pública, pola Universidade de Vigo. Master of Business Administration (MBA) Executive, en IE Business School. Master en Auditoría de Contas pola Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA), PDE Xestión de Entidades Deportivas polo IESE-Business School-University of Navarra. Master Universitario en Dirección e Xestión de Recursos Humanos pola Universidad a Distancia de Madrid (UDIMA).

Carlos Mouriño Atanes naceu no centro de Vigo en marzo de 1943 e cursou os seus estudos no Colexio Salesianos na súa cidade natal. Tras desempeñar diversas actividades profesionais en Vigo e Madrid, nas empresas Lage y Cía, Rio Miño e Nautrónica, trasladouse a México no ano 1978.

No país centroamericano, Carlos Mouriño iniciou unha etapa de gran intensidade profesional coa creación de Invacar, Grupo Energético del Suroeste e Grupo Corporativo Ges todas elas empresas destacadas no sector hoteleiro, enerxético e franquiciamento de marcas coma Burger King ou Applebee´s, inmobiliario e hospitalario. Tamén tivo una participación esporádica na política mexicana.

Ao regreso a España, o grupo realiza inversións en varios sectores e empresas sendo conselleiro no Grupo Puentes, Censa Untigal, Molduras del Noroeste entre outras.

Ademais de manter a súa iniciativa profesional, accedeu á presidencia do Real Club Celta no ano 2006, función que continúa exercendo na actualidade.

Antonio Chaves Escalante. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Master en Dereito de Internet e Comercio Electrónico polo Instituto Europeo, Executive PDD polo IESE e PDE polo IESE. Master of Business Administration (MBA) Executive en IE Business School.