Os abonados celestes poderán solicitar esta semana o cambio de asento

cambio_asento_11917.jpg

 

O RC Celta pon en marcha este martes, desde as 10.00 horas, a campaña de cambio de asento no estadio de Balaídos para os seus abonados, que terán ata o venres ás 20.00 horas para realizar esta xestión.

 

Os abonados que queiran realizar un cambio de asento terán que presentar nas taquillas de Balaídos o seu carné de abonado. No caso de que o titular non poida desprazarse para realizar esta xestión, poderá delegar noutra persoa sempre que presente o DNI e o carné do abonado, ademais dunha autorización por escrito para realizar o cambio.

 

O horario das taquillas do estadio é de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 20.00 horas.

Leave a Reply

four × three =