quinocho-celta-fdv-6739313988.jpg
Celtismo

Os abonados de Río deberán retirar unha invitación para asistir ao Trofeo Quinocho

RC Celta

quinocho-celta-fdv-6739313988.jpg

 

BILLETEIRAS/OFICINA DE ABONADOS

Teléfono: 986.213.230 / 986.213.234

 

O Trofeo Memorial Quinocho regresa a Balaídos o vindeiro mércores 9 de agosto ás 19:30 cun atractivo partido entre o RC Celta e o Udinese da Serie A italiana. Os prezos para este encontro serán de 15€ en Gol ou Marcador e 25€ en Tribuna para categoría ADULTO e de 10€ en Gol ou Marcador e 20€ en Tribuna para SUB-25. Os abonados con carné en vigor poderán asistir sen custo algún a este encontro que, ademáis de ser unha homenaxe á figura do inesquecible ‘Quinocho’, servirá para celebrar a presentación dos equipos da canteira para a tempada 2017/18.

 

Debido ás obras de remodelación do estadio a bancada de Río permanecerá pechada neste partido, polo que os abonados de Río Alto e Río Baixo deberán retirar nos despachos de billetes de Balaídos unha invitación para acceder ás bancadas dispoñibles. As entradas e invitacións para o XXII Trofeo Memorial Quinocho estarán dispoñibles en despachos de billetes o luns e martes de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e o mércores, día do partido, desde as 10 ata o asubío inicial, en horario ininterrompido.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas