Os abonados deberán recoller suplementos gratuitos para acudir ao histórico Celta B-Valencia Mestalla

celtab150517.jpg

 

O Celta B afronta este domingo en Barreiro (12.00 horas) un partido histórico, o encontro de ida da primeira eliminatoria de ascenso a Segunda División ante o Valencia Mestalla. Debido ao reducido aforo de Barreiro, 1.800 espectadores, para acceder ao campo os abonados deberán recoller uns suplementos gratuitos nas taquillas de Balaídos. Entregaranse, ata fin de existencias, un máximo de dous por abonado sempre que se presenten dous carnets en vigor.

 

Os suplementos gratuitos para abonados poderán recollerse nas taquillas de Balaidos este xoves e venres en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Leave a Reply

five × four =