Os abonados xa poden reservar entradas visitantes para La Cerámica

O RC Celta visita o Estadio da Cerámica o sábado 28 de abril ás 20:45 para disputar a trixésimo quinta xornada de LaLiga ante o Vilarreal CF. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro poden reservar a súa entrada presentando o seu carné ata este venres ás 20:00 horas nas billeteiras do RC Celta en Balaídos.

O custo da entrada é de 15€, a reserva está dispoñible en exclusiva para abonados do club celeste e poderán recollerse a próxima semana en Balaídos. Os despachos de billetes do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.