Os abonados poderán tramitar o cambio de asento do 8 ao 11 de outubro

Os abonados do RC Celta que desexen realizar un cambio de asento poderán tramitar a súa solicitude nas billeteiras do estadio ABANCA Balaídos os días 8, 9, 10 e 11 de outubro. No caso de que a bancada elixida teña un prezo superior, o abonado deberá asumir a diferenza económica.

Doutra banda, o club xa comezou a abonar o desconto a todos aqueles socios que trouxeron un novo abonado ao club. Aqueles que non recibisen a transferencia poden solicitala a través do portal ‘Escoitamos’. Por último, aqueles abonados que dispoñan de desconto familiar poden solicitalo antes do 1 de outubro a través de ‘Escoitamos’ e abonaráselles na primeira quincena do próximo mes.

Por último, os socios celestes xa poden comezar a trocar os vales que recibiron como parte da campaña de abonados “Isto Vai De Corazón” e gozar duns prezos especiais ata o próximo 24 de novembro. Para iso, tan só terán que presentar o carné de abonado (persoal e intransferible) e o seu DNI no momento da compra nalgúns dos establecementos do club celeste: tendas de A Sede e Abanca Balaídos, Clínica RC Celta e Restaurante Silabario.