isto-vai-de-corazon-carnes-2019-2020-web.jpg
Celtismo

Os abonados xa poden gozar dos seus vales desconto nas tendas do club, Clínica RC Celta e Restaurante Silabario

RC Celta


Como parte da campaña de abonados “Isto Vai De Corazón”, os abonados celestes recibiron xunto ao seu carné varios cupóns con importantes descontos nalgúns dos establecementos do club celeste: tendas de A Sede e Abanca Balaídos, Clínica RC Celta e Restaurante Silabario.

Agora, coincidindo co ilusionante peche do mercado de fichaxes que protagonizou o RC Celta, os abonados xa poden comezar a trocar os seus vales e gozar duns prezos especiais até o próximo 24 de novembro. Para iso, tan só terán que presentar o carné de abonado (persoal e intransferible) no momento da compra.

Trátase dunha gran ocasión para que os abonados celestes descubran os servizos que a Clínica RC Celta, dirixida polo Dr. García Cota e o resto do equipo que cada día coidan dos xogadores do primeiro equipo, ofrecen a todos os públicos. Pero tamén para gozar da cociña e vistas únicas do Restaurante Silabario, situado na cúpula de A Sede, ou adquirir produtos do RC Celta (incluída a nova colección oficial da tempada 2019/20) e outras marcas recoñecidas.

O RC Celta anima a todos os seus abonados a que non deixen pasar esta oportunidade e aproveiten os prezos especiais que lles ofrecen estes vales exclusivos co que o club agradece a súa confianza no proxecto da tempada 2019/20.

Nota: resto de condicións da promoción incluidas no pack de benvida de abonado do RC Celta.
RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas