Os abonados xa poden reservar entradas para o partido do RC Celta no Camp Nou

O RC Celta medirase ao FC Barcelona no Camp Nou o vindeiro sábado 9 de novembro ás 21:00. Os abonados celestes que estean interesados en asistir a este encontro xa poden reservar a súa entrada (até esgotar existencias) para a bancada visitante do estadio barcelonés presentando o seu carné nas billeteiras do RC Celta en ABANCA Balaídos.

O custo da entrada é de 39€ e a reserva está dispoñible en exclusiva para abonados do RC Celta até o mércores 30 de outubro ás 14:00. Os despachos de billetes do estadio abren de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.