Os abonados xa poden reservar entradas para o Wanda Metropolitano

O RC Celta debutará o vindeiro domingo 11 de marzo ás 16:15 horas no Wanda Metropolitano, o novo estadio do Atlético de Madrid. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro poden reservar a súa entrada presentando o seu carné ata este xoves ás 20:00 horas nos despachos de billetes do RC Celta.

O custo da entrada é de 40€, están dispoñibles en exclusiva para abonados do club celeste e poderán recollerse a próxima semana no estadio de Balaídos. Os despachos de billetes permanecen abertos de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.