Os abonados xa poden reservar entradas visitantes para Leganés

RC Celta visita o estadio de Butarque o sábado 27 de abril ás 18:30 horas para disputar a trixésimo quinta xornada de LaLiga ante o Leganés. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro xa poden reservar a súa entrada (ata esgotar existencias) presentando o seu carné nas billeteiras do RC Celta en ABANCA Balaídos.

O custo da entrada é de 30€ e a reserva está dispoñible en exclusiva para abonados do club celeste. Ás billeteiras do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.