Os abonados xa poden reservar entradas visitantes para Valladolid

RC Celta visita o estadio José Zorrilla o domingo 27 de xaneiro ás 12:00 horas para disputar a vixesimoprimeira xornada de LaLiga ante o Real Valladolid. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro poden reservar a súa entrada presentando o seu carné ata o venres 18 de xaneiro ás 20:00 horas nas taquillas do RC Celta en ABANCA Balaídos.

O custo da entrada é de 35€ e a reserva está dispoñible en exclusiva para abonados do club celeste, que poderán recollelas a seguinte semana en ABANCA Balaídos. As taquillas do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.