Os abonados xa teñen á súa disposición as entradas visitantes para Mestalla

Mestalla será escenario do duelo entre Valencia CF e RC Celta o vindeiro sábado 1 de febreiro ás 18:30, partido correspondente á xornada vixésimo segunda de Primeira División. Os abonados celestes interesados en asistir á bancada visitante do estadio valencianista neste encontro poden reservar a súa entrada desde este martes (até esgotar existencias) presentando o carné de abonado nos despachos de billetes de ABANCA Balaídos.

O custo da entrada é de 25€ e a reserva está dispoñible en exclusiva para abonados do club celeste até o venres 24 de xaneiro ás 20:00.