OS ALUMNOS DE BACHARELATO DE LOS SAUCES ESTREAN CARNET INTERNACIONAL DE ESTUDANTE

Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato inician o ano co seu novo carné internacional de estudante. Los Sauces chegou a un acordo con  ISIC ( International Student Identity Card), que é a organización, -recoñecida pola UNESCO desde 1968- que dirixe os carnés internacionais para estudantes para dotar aos nosos alumnos deste documento. O carné ten validez en 135 países e permite o acceso a museos e entidades culturais de forma gratuíta ou con importantes descontos. Os seus usuarios tamén teñen prezos especiais en hoteis, transporte, librerías, restauración, etc.

 

Leave a Reply

seven + eleven =