Os canteiráns César e Robert participarán no Torneo Sportchain coa Sub-15

Enorme ledicia na Fundación e no RC Celta pola convocatoria do porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril coa Selección Sub-15 para o Torneo Sportchain AGS CUP U-15 que se celebrará en La Marina Baixa (Alicante), do 2 ao 9 de decembro.

Ambos canteiráns, que acumulan dúas chamadas co combinado nacional, estiveron concentrados na Cidade do Fútbol de Las Rozas durante os tres últimos días para participar nuns adestramentos oficiais coa Sub-15. Esta nova convocatoria premia o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan dende hai anos na formación de xogadores en A Madroa.