Hemeroteca canteira

Os canteiráns Hugo Pintos e Brais Méndez, convocados coa Selección Española Sub-17

RC Celta

hugo_pintos-brais_mendez.jpg

Concentraranse nas Rozas do 17 ao 19 de febreiro de cara á Ronda Élite do Europeo

 

A canteira celeste volve ter notable presenza nunha lista internacional. Os célticos Hugo Pintos e Brais Méndez foron chamados pola selección española Sub-17 para participar nos adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará na Cidade Deportiva de Las Rozas (Madrid) do 17 ao 19 de febreiro.

 

Esta é a primeira convocatoria coa Sub-17 do mediapunta Hugo Pintos, que xa fora chamado anteriormente pola Sub-16. Pola súa banda, o centrocampista zurdo Brais Méndez debutou nesta categoría no mes de xaneiro en partido amigable ante Italia. Ambos canteiráns terán a oportunidade de demostrar as súas calidades durante esta concentración coa Rólda Elite do Europeo Sub-17, que se celebra en Rusia o próximo mes de marzo, no horizonte.

 

O proxecto de canteira do RC Celta mantense en plena forma e reafírmase coas continuas convocatorias internacionais de canteiráns celestes. A decidida aposta do club polo fútbol base, referendada por unha afección convencida e ilusionada, non deixa de acumular recoñecementos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas