Os canteiráns Jonny e Rubén, galardonados por Fútbol Draft

O lateral dereito foi incluido no Once de Prata e o porteiro no de Bronce

 

A canteira do Real Club Celta suma dous novos recoñecementos ao seu traballo. Os futbolistas celestes Jonny Castro e Rubén Blanco foron seleccionados por Fútbol Draft, foro formado por destacados membros do fútbol español e que premian aos mellores canteiráns do fútbol español de idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos.

 

O lateral destro Jonny Castro foi incluído no Once de Prata, mentres que Rubén Blanco forma parte do Once de Bronce de Fútbol Draft. A gala final na que se entregarán os premios celebrarase o 27 de maio na Cidade Deportiva de Las Rozas.

Leave a Reply

13 − 6 =