Os canteiráns Kevin e Samu renovan co Celta

kevin-samu-edit

 

O RC Celta selou a continuidade do laterais do filial Kevin e Samu, quenes se comprometen co club vigués por dúas tempadas con outras dous opcionais.

 

Kevin Vázquez (Nigrán, 1993), capitán do Celta B, chegou ao club vigués como xuvenil de primeiro ano. En 2011 ascendeu ao segundo equipo, aínda en idade xuvenil, e na 2012/2013 participou no regreso do Celta B á división de bronce. A tempada pasada, Kevin foi o futbolista do filial que máis minutos xogados acumulou.

 

Samu Araujo (Vigo, 1995) foi parte do Xuvenil A subcampión da Copa de Campións 2013, o mellor equipo xuvenil na historia do Celta. Tras esa excelente campaña promocionou ao filial céltico e, en 2015, debutou co primeiro equipo na volta dos oitavos de final da Copa do Rei ante o Athletic Club en San Mamés.

 

O RC Celta asegura a continuidade de dúas importantes pezas para un Celta B que comeza a perfilar o seu plantel de cara á nova tempada. O club traballa para consolidar o proxecto deportivo do seu filial e, xunto á súa Fundación, continúa dedicando esforzos a consolidar e potenciar a súa aposta polo fútbol base, aceno de identidade do club.

Leave a Reply

two × 3 =