Os canteiráns Pape Cheikh e Brais Méndez, titular, suman máis minutos coa Sub-18

braismendez-titular-sefutbol18.jpg

Os dous futbolistas celestes participaron na segunda vitoria da Selección na Copa Atlántico

 

Os canteiráns celestes Pape Cheikh e Brais Méndez continúan sumando minutos na Selección Española Sub-18, que disputa estes días a 41 Copa do Atlántico en Gran Canaria. Se no primeiro partido do torneo, ante Costa Rica, Pape foi titular e Brais entrou ao terreo de xogo desde o banco, no encontro deste mércores ante a Selección Canaria deuse o caso oposto. Brais Méndez formou parte do once inicial e xogou o partido completo, mentres que Cheikh entrou no minuto 71.

 

O encontro finalizou con vitoria 0-3 a favor do conxunto español, con participación de Brais Méndez no segundo tanto ao provocar o penalti que desembocaría no segundo tanto dos de Luis De La Fuente. A Sub-18 pechará a súa participación nesta Copa Atlántico o venres ás 19:30 (hora peninsular) ante Portugal.

 

Foto: www.sefutbol.com

Leave a Reply

19 + three =