Hemeroteca celtismo

Os despachos de billetes do estadio de Balaídos xa locen o cartel de ‘non hay billetes’

RC Celta

entradas copa 111212

El club anima aos abonados anuais a renovar antes do 20D para desfrutar de grandes vantaxes

 

Balaídos rexistrará un cheo absoluto para o partido de Copa do Rei deste mércores ante o Real Madrid (22.00 horas). As últimas entradas que quedaban á venda despacháronse á primeira hora da mañá de hoxe e nos despachos de billetes colgouse xa o cartel de ‘non hai billetes’. Por outra banda, o club lémbralles aos seus abonados anuais que quedan xa menos de dez días para que poidan renovar e gozar das grandes vantaxes que leva realizar este trámite antes do día 20 de decembro: Non terán subida algunha no prezo do carné e estarán exentos de pagar suplementos os días do club.

 

Un día antes do partido, Balaídos colgou o cartel de non hai billetes. O centenar de entradas que quedaban á venda esgotáronse á primeira hora da mañá e o estadio rexistrará un cheo absoluto para o encontro de ida dos oitavos de final da Copa do Rei.

 

Por outra banda, o club anima aos abonados anuais que aínda non renovaron o seu carné a que o fagan canto antes para poder gozar das grandes vantaxes que se lles ofrecen se o fan antes do día 20 do presente mes. Aqueles que renoven antes da mencionada data non necesitarán suplemento os días do club e ademais non terían subida algunha con respecto ao ano pasado, salvo a aplicación por imperativo legal do novo tipo impositivo de IVE, nuns carnés co prezo conxelado durante o cinco últimos anos. O custo da emisión do cartón é de 10 euros.

 

 

A partir do 20 de decembro, as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña 2013.

 

 

En canto ás altas, tamén terán un prezo sen igual en Primeira División e as que se produzan antes do 20 de decembro tamén estarán exentas do suplemento nos días o club. A cota de alta será de 82 euros para a categoría adulto e de 42 euros para o resto. A partir do día 21 do próximo mes, poranse á venda as entradas e suplementos para os partidos decretados como Días do Club, fronte a Real Madrid e Barcelona.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas