indicadores-ARDAN-111119.jpg
Novas club

Os indicadores ARDAN recoñecen a capacidade para competir e o desempeño do RC Celta

RC Celta

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu servizo de Información Empresarial ARDAN, elabora, ao amparo da Catedra ARDAN da Universidade de Vigo, os indicadores de Boas Prácticas Empresariais que teñen como obxectivo identificar e poñer en valor a excelencia empresarial en Galicia.

Obteñen o Indicador ARDAN aquelas empresas que superan os restrictivos valores esixidos nos ratios ou nos índices sintéticos utilizados para a medición do seu desempeño empresarial.

Das 33.000 empresas analizadas soamente o 6% consegue un ou máis indicadores ARDAN ao demostrar competencias diferenciais na xeración de vantaxes competitivas. O RC Celta obtivo tres indicadores ARDAN, enfocados nas variables económicas, como entidade referente no seu sector e fóra del e que busca a excelencia na súa xestión económica.

No ano 2019, foron merecedoras dalgún indicador ARDAN 1915 empresas que acumulan conjuntamente un total de 2403 indicadores.

Os indicadores ardan obtidos polo RC Celta son os seguintes.

Indicador Ardan Empresa de Alta Productividade 2019, concedido a aquelas empresas que presentan, durante 3 anos consecutivos, un valor engadido por persoa empregada por encima do percentil 75 do sector no que operan e unha taxa de crecemento superior ao 10% cada ano. Das empresas analizadas lograron o recoñecemento de Alta Productividad 228 empresas, unha delas o RC Celta.

A obtención deste recoñecemento pon de relevo o compromiso que o RC Celta ten coa formación e a capacitación do seu capital humano.

Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2019, concedido a aquelas empresas que cumpren varios criterios simultáneamente: crecemento dos ingresos, rentabilidade, productividade e liquidez; con valores por encima da mediana do sector no que se atopan e durante un periodo de tres anos consecutivos. Das empresas analizadas lograron o recoñecemento de Empresa Ben Xestionada 814 empresas, entre elas o RC Celta.

Obter este indicador implica ser competitivos, conseguindo os obxectivos estratéxicos e operativos e demostrando as boas capacidades directivas que permiten que o RC Celta consiga a excelencia no exercicio da actividade empresarial.

Indicador Ardan Empresa Gacela 2019, concedido a aquelas empresas que presentan unha taxa de crecemento elevada e constante na súa cifra de ingresos, por encima do 25%, durante 3 anos consecutivos, a condición de que a cifra de facturación do primeiro ano do periodo de análise supere os 300.000. Das empresas analizadas lograron o recoñecemento de empresa gacela 498 empresas, sendo tamén o RC Celta una delas.

Obter esta distinción pon de relevo a clara aposta do RC Celta pola innovación como vía de diferenciación no mercado, así como a aposta da sociedade polo crecemento do emprego.

 

Sobre o RC Celta

 

O RC Celta é moito máis que un equipo de futbol, xa que como sociedade anónima deportiva aspira a alcanzar a excelencia deportiva e empresarial, cunha implicación social a través da Fundación Celta de Vigo e cunha imaxe de marca e posicionamiento cada día máis global a través da empresa Afouteza e Corazón, S.L.U.

Traballamos desde un prisma de calidade total, cun enfoque de procesos, razón pola cal a sociedade dispón de certificado do sistema de xestión da calidade conforme coa Norma ISO 9001 para o Departamento de Administracion, Finanzas e Recursos Humáns (Certificado que tamén posúen a Fundación Celta de Vigo e Afouteza e Corazón, S.L.U.), así como para o Departamento de Seguridade e Instalacións.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas