Hemeroteca canteira

Os internacionais celestes concéntranse coa Selección Española Sub-19 en Vigo

RC Celta

selecsub19-vigo.jpg

Os canteiráns Rubén, David Costas e Santi Mina, entre os convocados para a Rolda Elite Sub-19

O emocionante Minitorneo Elite Sub-19, do que é anfitrión o RC Celta, está a piques de arrincar. A selección española xa está en Vigo concentrada, cos canteiráns celestes Rubén, David Costas e Santi Mina entre os convocados. O conxunto adestrado por Luís de la Fuente comezou a exercitarse nas instalacións deportivas da Madroa e nos próximos días aterrarán en Vigo o resto de seleccións: Lituania, Alemaña e Dinamarca.

 

Con tres xogadores convocados, a canteira celeste é unha das protagonistas nesta competición, unha clara evidencia do gran momento polo que está a pasar o proxecto de fútbol base do RC Celta. Os canteiráns da Madroa debutarán neste torneo coa selección española o sábado 31 de maio ás 20:30 horas, nun enfrontamento ante o combinado nacional danés. Horas antes, ás 12:00, Alemaña e Lituania darán o pistoletazo de saída a esta Rolda Elite Sub-19.

 

O club anima a todos os afeccionados a acudir aos partidos deste minitorneo, clasificatorio para o próximo Campionato de Europa, e apoiar aos futbolistas célticos, ademais de gozar dun atractivo espectáculo no que participan algunhas das maiores promesas do fútbol europeo. As entradas para todos os encontros do torneo, que comezan a disputarse desde este sábado 31 de maio, xa están á venda na oficina de abonados a un prezo único de 5 euros para cada partido. O horario de venda dos billetes é de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

 

Os horarios de todos os enfrontamentos da Rolda Elite que se disputarán en Balaídos son os seguintes:

31 de Maio……Alemania-Lituania……12:00 horas

31 de Maio……ESPAÑA-Dinamarca……20:30 horas

2 de Xuño……Dinamarca-Alemaña……12:00 horas

2 de Xuño……ESPAÑA-Lituania……20:30 horas

5 de Xuño……ESPAÑA-Alemaña……20:30 horas

 

En Pasarón disputarase o seguinte encontro:

 

5 de Xuño……Lituania-Dinamarca……20:30 horas

 

Fotografía: RFEF

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas