Os nenos das Escolas Fundación Celta doan alimentos para os máis necesitados

Os nenos e nenas inscritos nas Escolas Fundación Celta demostraron esta semana a súa enorme bondade. Todos eles doaron alimentos para os máis necesitados nunhas datas moi sinaladas. Así, da man da asociación A Man que Axuda, estes víveres chegarán a aquelas familias máis vulnerables.

A recollida de alimentos produciuse nas sedes de Coia e A Madroa e enmárcase dentro do programa de formación integral DOC (Denominación de Orixe Celta) co que se pretende formar aos máis pequenos como futbolistas e persoas: educación en valores, comportamento, hábitos saudables de alimentación e hixiene persoal, rendemento académico, integración e colaboración…

Ao longo de cada quincena, os participantes nas Escolas Fundación Celta realizan varias accións de carácter social relacionadas coas temáticas anteriormente citadas.