Hemeroteca celtismo

Os novos uniformes do RC Celta, a disposición de todos os celtistas dende este venres

RC Celta

segunda_equipacion_celta_2017_2018_hugo_mallo.jpg

 

As novas camisetas oficiais do RC Celta para a nova tempada estarán á venda a partir deste venres 30 de xuño na tenda do club en Balaídos. Tras unha primeira semana na que as elásticas estiveron dispoñibles en exclusiva para os abonados que realizaron unha reserva ao tramitar o seu carné 2017/18, as pezas de Adidas estarán a partir de agora a disposición de todos os celtistas.

 

Ademais do primeiro equipamento ao completo, os afeccionados tamén poderán adquirir o segundo uniforme no establecemento céltico. O segundo equipamento incorpora o negro como cor basee, ao que suma detalles en celeste. Destaca nesta peza, que combina con equilibrio o clásico e o moderno, un pescozo tipo mao que achega un estilo retro á camiseta.

 

A tenda do RC Celta en Balaídos abre de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Os novos equipamentos oficiais estarán á venda proximamente en www.tiendacelta.es

 

Camisetas.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas