Os rapaces da Canteira viaxan ao Campus Fundación Celta en Dublín

Un total de 16 rapaces da nosa Canteira acompañados de tres adestradores desprazáronse esta mañá a Dublín para gozar do campus que a Fundación Celta organiza desde o 8 ao 23 de xullo en Irlanda.

Unha actividade exclusiva para os rapaces da Canteira, subvencionado en parte pola Fundación Celta 100% en inglés, onde vivirán por parellas con familias irlandesas e desenvolverán diversas actividades deportivas compaxinándoas con clases de inglés a cargo de profesores nativos.