Os rapaces premiados nos Campus de verán gozan da experiencia VIP no RC Celta – Athletic Club de Bilbao

Medio centenar de mozos e mozas procedentes de toda Galicia visitaron a xornada de onte o estadio de Abanca Balaídos e asistiron o partido ante o Athletic Club de Bilbao.

A expedición, que estivo formada polos premiados nos campus de verán da Fundación Celta que destacaron pola súa actitude e esforzo, visitou o Museo do RC Celta onde recibiu o saúdo do Conselleiro do club D. Primitivo Ferro así como de D. Germán Arteta, director da Fundación. Ademais, todos eles presenciaron a pé de campo o quecemento de ambos os equipos antes do encontro.