Os técnicos da canteira amplían a súa formación co III Curso Denominación de Orixe Celta

Unzué_-_A_Madroa.jpg

 

A Madroa acolle desde o pasado xoves a terceira edición do Curso Denominación de Orixe Celta, unha actividade destinada aos técnicos da canteira céltica co obxectivo de continuar ampliando e fortalecendo os seus coñecementos.

 

Profesionais do RC Celta como Carlos Hugo García, Juan Carlos Unzué, Rubén Albés, Míchel Martínez ou Eduardo Covelo entre moitos outros xa impartiron as súas charlas formativas, nas que se abordaron interesantes cuestións futbolísticas.

 

Pero o Curso Denominación de Orixe Celta vai máis aló, facendo especial fincapé en cuestións como os valores no fútbol, a psicoloxía, o espírito de superación… Baixo o título “This is Afouteza”, a terceira edición do curso contou con dous relatores de excepción que relataron as súas extraordinarias vivencias: Pablo Diagné, senegalés que aos 17 anos embarcouse nunha patera co soño de atopar unha vida mellor en España, e Carmen Avendaño, conselleira do RC Celta e referente na loita contra o narcotráfico en Galicia.

 

O RC Celta e a súa Fundación continúan traballando para dotar de novas ferramentas e coñecementos aos técnicos e profesionais que cada día desenvolven o labor de fútbol basee da entidade celeste.

Leave a Reply

9 + twelve =