Os veciños de Tui afectados por unha explosión, invitados da Fundación ante o Valladolid

Cincuenta e nove persoas pertencentes á Asociación de Afectados pola explosión dun almacén pirotécnico en Tui, tráxico incidente ocorrido o pasado mes de maio, asistiron ao partido de Liga ante o Real Valladolid convidados pola Fundación Celta.

Os veciños de Paramos e Guillarei tiveron a oportunidade de coñecer o estadio na previa do encontro, coñecer ao presidente Carlos Mouriño e gozar do choque ante o cadro valisoletano. O RC Celta xa colaborara anteriormente con este colectivo, ao que se cedeu a recadación do último Trofeo Memorial Quinocho ante o Mainz 05.