Os xogadores completan as probas médicas na Clínica RC Celta

Cabral, Roncaglia, Emre Mor, Hjulsager, Jonny e Sergi Gómez, puxeron punto e final onte ás probas médicas do equipo celeste na Clínica RC Celta de A Sede. Desde o luns e durante tres días, os futbolistas do primeiro plantel sometéronse a analíticas, estudos cardiolóxicos e probas de resistencia para asegurar o seu perfecto estado de saúde e establecer parámetros de preparación física durante a pretempada.

As probas médicas realizáronse por primeira vez na propia clínica do club, a Clínica RC Celta. Dirixida polo Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos celestes, a clínica ofrece os seus servizos a todos os públicos. Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 886.160.955, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.