Os xogadores do primeiro equipo superan as probas médicas na Clínica RC Celta

Os xogadores do primeiro equipo pasaron pola Clínica RC Celta na Sede para realizar análises e probas de esforzo antes de empezar a pretemporada o vindeiro luns. Todos os futbolistas regresaron das súas vacacións en plena forma e superaron con éxito os test.

As probas médicas estiveron supervisadas por Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, e o doutor Fernando Huelin, especialista en Medicina do Deporte e encargado de realizar as valoracións físicas dos xogadores profesionais do primeiro plantel.