Os xogadores do RC Celta visitan as escolas da Fundación e clubes de Afavi

Xornadas especiais para os membros das escolas da Fundación RC Celta e varios clubs da Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi). Como xa é tradición, os xogadores do primeiro equipo reuníronse cos futuros futbolistas da cidade e a súa área para divulgar o celtismo e potenciar o fútbol base entre os máis novos. Estas visitas, que se celebran entre hoxe mércores e mañá xoves, son parte das diferentes iniciativas que ten en marcha a Fundación para achegar o equipo celeste a todos os afeccionados.

Os clubes que hoxe recibieron a visita dos futbolistas foron CP Alerta Navia, Balaídos CF, CD A Guía, CD Moledo, CD Nieto, Candeán, SR Casablanca, UD Santa Mariña, Cristo Victoria, Rácing Castrelos, Vigo 2015 e Gran Peña.

Durante estes encontros os xogadores do primeiro plantel compartiron experiencias e inquietudes cos nenos das escolas do club e de diversos clubs Ademais, asinaron autógrafos, contestaron algunhas das súas preguntas e fotografáronse con todos eles.