Óscar García asina en A Sede e dirixe o seu primeiro adestramento na Madroa

O presidente do RC Celta Carlos Mouriño e o técnico Óscar García asinaron esta mañá o contrato que vincula ao técnico ao conxunto celeste durante a presente tempada. O adestrador dirixirá esta tarde a partir das 16.30 horas a súa primeira sesión preparatoria para o partido do sábado ante o FC Barcelona. Con Óscar García chegan ao RC Celta Roger García, segundo adestrador, e Rubén Martínez, analista.