Óscar García: “Para min é moi importante como se adestra”

O técnico catalán Óscar García ponse á fronte do banco celeste até final de tempada. Este martes selou o seu contrato co RC Celta na A Sede, dirixiu o seu primeiro adestramento en A Madroa e falou para os micrófonos de Celta Media: “Para min é moi importante como se adestra, xogar en campo contrario, buscar a presión tras perda, a posesión do balón…”.