Óscar Martínez amplía o número de internacionais na canteira do Real Club Celta

oscarmartinezjuvenil.jpg

O centrocampista celeste foi convocado para adestramentos oficiais coa Selección Sub-16

 

Nova alegría para o Real Club Celta, a Fundación e a afección celeste, que reciben sempre con orgullo o nacemento dun internacional nas categorías inferiores. Óscar Martínez, centrocampista ofensivo do Cadete A foi convocado pola Selección Española Sub-16 para adestramentos oficiais na Cidade do Fútbol de La Rozas.

 

Óscar Martínez (Redondela, 23 de abril de 1999) recibiu hoxe a súa primeira chamada do combinado nacional. O centrocampista celeste participará entre os días 29 de setembro e 1 de outubro nos adestramentos oficiais da Selección Sub-16 que adestra Santi Denia.

 

O xogador ingresou no Real Club Celta no ano 2009 e a pesar da súa mocidade está a exercitarse co Celta Xuvenil de División de Honra. A súa convocatoria reforza se cabe a aposta do club, a Fundación e o celtismo pola canteira, pedra angular do proxecto celeste.

Leave a Reply

seventeen + 11 =