Primeiro Equipo

Oubiña, Túñez e Jonny: futuro celeste

RC Celta

oubiña-renovacion

p>

Xornada especial para o Celta pola ampliación do contrato dos tres canteiráns

 

O Real Club Celta garante a continuidade de tres futbolistas da canteira coa ampliación dos seus contratos por varias tempadas. O primeiro deles, o do capitán, e referente indiscutible para os mozos das categorías inferiores, Borja Oubiña, quen será celeste ata xuño de 2015. Ademais, o central Andrés Túñez seguirá no club ata 2016 e o lateral Jonny dispón de contrato profesional por catro tempadas, ata 2017. Hugo Mallo, pola súa banda, goza dunha nova mellora do seu contrato, en vigor ata 2017. 

 

Xornada especial no Celta, que garantiu a continuidade de tres futbolistas, de distintas xeracións, da súa canteira. Un dos grandes emblemas celestes, Borja Oubiña, desexa “agradecerlle ao club a confianza que depositou en min e que intentarei devolver tanto dentro como fora do campo”.

 

O medio centro celeste destaca que “o que dexexo é axudar ao club a que teña estabilidade en Primeira División e facelo desde a posición que sexa”.



Indica que “estou moi contento con esta ampliación do meu contrato porque me permite seguir no club ao que pertencín sempre”.

 

Pola súa banda, Andrés Túñez sinala que “esta renovación significa que confían en min e estou moi agradecido. Para min non hai nada mellor que estar no meu club, no que estiven toda a vida, e é unha gran satisfacción que me demostren esta confianza, que me dá forzas e ánimo para tratar de seguir mellorando e axudando ao equipo”.

“Sempre dixen que quero estar no Celta moitos anos e este desexo empeza a cumprirse, oxalá que poida seguir aínda máis tempo”, engade o defensor celeste, quen subliña que “agora me dispoño é axudar a conseguir o noso obxectivo desta tempada, que é lograr a permanencia, máis adiante xa se verá”.

 

O xove lateral Jonny, quen leva no Celta desde que tiña doce anos, apunta que “isto é o que quería, poder seguir na miña casa. Estou moi contento, seguir no Celta é moi importante para min”.

 

“Faime unha gran ilusión que aposten por min e agora o que quero é seguir traballando e mellorando para devolver no campo a confianza que depositaron en min”, comenta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas