Caluroso recibimento a Sergio no acto da Fundación Celta en Ourense






Ourense brindou un recibimento espectacular ao porteiro celeste Sergio Álvarez. O canteirán acudiu ao Centro Comercial Ponte Vella este xoves da man da Fundación Celta, que estes días se atopa na capital ourensá promocionando o seu labor. Á súa chegada, os asistentes dedicaron unha tremenda ovación ao de Catoira que supuxo o mellor aperitivo para unha tarde de convivencia lusionante, divertida e chea de celtismo entre o gardameta e os afeccionados.

Sergio atendeu ás preguntas dos asistentes, especialmente as dos máis pequenos, e tras a charla asinou autógrafos e fotografouse con todos os celtistas que acudiron a coñecerlle. O RC Celta e a Fundación Celta agradecen ao CC Ponte Vella as súas facilidades para a organización deste acto co que o club continúa fortalecendo o vínculo entre xogadores e afección.