Pampín, a cuartos do Mundial coa Sub-17

A Selección Española Sub-17 xogará os cuartos de final do Mundial da India tras derrotar a Francia por 1-2. O combinado español, entre cuxos convocados atópase o canteirán celeste Diego Pampín, protagonizaron unha antolóxica remontada, culminada no último minuto cun tanto desde o punto de penalti. O futbolista céltico non gozou de minutos neste encontro e viviu o triunfo da súa selección desde o banco. A Sub-17 medirase en semifinais a Irán.