Pape Cheikh, de novo con protagonismo na Selección Sub-19 na Rolda Élite

pape_sele_web1_31515.jpg

Tras golear a Turquía (5-0), España xógase o pase ao Europeo o mércores ante Portugal

 

 

O canteirán celeste Pape Cheikh volveu ter protagonismo no segundo partido do Torneo Rolda Élite que se disputa en Georgia. A Selección Española Sub-19 cumpriu cos pronósticos e goleou a Turquía (5-0), como fixera Portugal, a gran rival do combinado nacional para lograr a clasificación para o Campionato de Europa.

 

 

O xoven centrocampista celeste, de 17 anos de idade, entrou na segunda metade deste encontro ante Turquía, que serviu para que España igualase o golaveraje con Portugal, factor que pode resultar determinante. O partido decisivo entre España e Portugal, que decidirá que selección disputará o Campionato de Europa, terá lugar o vindeiro mércores.

 

Leave a Reply

5 × 2 =