Pape Cheikh e Diego Alende, no minitorneo de Élite do Campionato de Europa sub-19

alende-pape.jpg

 

O centrocampista celeste Pape Cheikh unirase este luns á Selección Española Sub-19 para disputar o minitorneo de Élite do XV Campionato de Europa da categoría. O céltico súmase a unha expedición da que tamén forma parte outro canteirán celeste, Diego Alende, dous futbolistas que foron convocados por Eduardo Berizzo, adestrador do primeiro equipo, para o partido deste domingo ante o Valencia en Mestalla.

 

O minitorneo de Élite terá lugar en Cartaya e Lepe (Huelva) do 24 ao 29 de marzo e enfrontará á Selección Española cos combinados de Grecia, Inglaterra e Georgia.

 

A presenza dos dous canteiráns do Celta nesta importante competición resulta tan estimulante como gratificante para o club e a súa afección, envorcados no apoio a unha canteira que se consolida como un referente a nivel internacional. De feito, outros dous canteiráns, Jonny e Rubén Blanco, foron convocados coa Selección Española Sub-21.

 

En total serán once os futbolistas do Real Club Celta que nos próximos días disputarán partidos con distintas seleccións nacionais.

Leave a Reply

ten + sixteen =