Pape Cheikh participará no Europeo de Grecia Sub-19

pape-sub18.jpg

O canteirán celeste forma parte da lista definitiva de Luis de la Fuente para viaxar ao país heleno

 

O canteirán celeste Pape Cheikh foi convocado por Luís de la Fuente, adestrador da Selección Española Sub-19, para disputar o Campionato de Europa en Grecia. O céltico forma parte da lista definitiva de 18 xogadores que se medirán na fase de grupos a Alemaña (7 de xullo), Rusia (10 de xullo) e Holanda (13 de xullo).

 

Pape mantén a súa progresión no combinado nacional, do mesmo xeito que outros canteiráns celestes que tempada tras tempada son chamados polos seleccionadores nacionais. O RC Celta e a Fundación Celta continuarán traballando decididamente nun proxecto de canteira que sempre contou co imprescindible apoio da afección celeste.

 

RFEF: Lista completa

Leave a Reply

12 + 7 =