Pape Cheikh regresa á Sub-19 para preparar o Europeo de Grecia

pape-sub18.jpg

O xogador celeste mantén a súa presencia no combinado nacional e podería xogar o torneo continental

 

O seleccionador nacional da Selección Española Sub-19, Luís de la Fuente, anunciou esta mañá a lista de futbolistas citados para a preparación do Europeo que se disputará en Grecia o próximo mes de xullo. O canteirán celeste Pape Cheikh, cada vez con máis protagonismo no combinado español, é un dos xogadores incluídos nesta convocatoria da que sairán os 18 elixidos para disputar a Fase Final do torneo no país heleno.

 

A progresión de Pape e outros canteiráns célticos nas seleccións nacionais referenda o labor de canteira do RC Celta e da Fundación Celta, unha aposta polo fútbol base que continúa dando os seus froitos e que conta co apoio crave e imprescindible da afección celtista: #XuntosCrecemos

 

RFEF: Lista completa

Leave a Reply

seventeen − eleven =