Pape Cheikh: “Sempre levei a este club no corazón”

“O Pape que se foi era un neno. Volvo sendo un home”. En setembro de 2017 o canteirán Pape Cheikh despedíase, emocionado e entre bágoas, do club dos seus amores na sala de prensa de Abanca Balaídos. Dous anos despois, no mesmo escenario, o canteirán celeste volveu demostrar a súa paixón celeste pero, nesta ocasión, cun gran sorriso na súa cara: “Sempre levei a este club no meu corazón. Vou dar o máximo”, asegurou nas súas primeiras palabras aos medios na súa presentación oficial.

O centrocampista estivo acompañado polo conselleiro Fernando Rodilla e o director deportivo Felipe Miñambres, quen deron a benvida institucional a “A Pantera”. “Non fixo falta convencerme”, afirmou Cheikh, “quería volver a casa e, aínda que era difícil, só pensaba niso”. Varios centenares de afeccionados celestes deron unha calorosa benvida ao xogador, que se vestiu de curto para a tradicional sesión de fotos sobre o céspede de Abanca Balaídos. O novo futbolista entregouse aos celtistas presentes, a quen atendeu con agarimo e agradecemento.

Pape Cheikh xogará a tempada 2019/20 no RC Celta cedido polo Olympique Lyon. O club vigués se reserva unha opción de compra ao termo da presente campaña.