Pape e Alende, titulares coa Sub-19 ante Serbia

alende-pape.jpg

 

Os canteiráns celestes Diego Alende e Pape Cheikh continúan consolidando a súa presenza na selección española Sub-19 tras participar como titulares este mércores na vitoria por dous goles a un ante Serbia.

 

O encontro amigable, que tivo lugar no Centro Deportivo da Asociación de Fútbol de Serbia en Stara Pazova, enfrontou á última e antepenúltima campioas de Europa, España e Serbia, e serviu de preparación para a fase de clasificación do Europeo que terá lugar en poucas semanas.

 

Tras proclamarse campión de Europa, Pape Cheikh é xa un habitual nas convocatorias da Sub-19, mentres que Diego Alende foi incluído polo seleccionador Luís de la Fuente no tres últimas convocatorias. Ambos os futbolistas confirman o seu crecemento e a súa presenza no combinado nacional, proba do potencial que atesoura a canteira do Real Club Celta de Vigo.

Leave a Reply

five − three =