Persoal médico do RC Celta obtén o título de formador en reanimación cardiopulmonar

Catro membros do servizo médico do RC Celta realizaron e superaron recentemente un curso no centro de ensino do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para obter a titulación de formador en RCP (reanimación cardiopulmonar). As clases foron impartidas polo doutor Eduardo Murías e o persoal da Unidade de Coidados Intensivos do complexo hospitalario.

Esta certificación permitiralles dar clases e formar a outras persoas neste tipo de tratamentos de urxencia que son tan importantes no día a día. Nun primeiro lugar instruirán a empregados do club e máis adiante farán o mesmo con abonados e afeccionados do RC Celta que accedan a realizar o curso.