Personaliza a serigrafía da túa camiseta ao momento na tenda oficial

Estampar unha serigrafía personalizada xa non suporá esperas na tenda oficial do RC Celta. Elixir un nome diferente ao dos xogadores requiría ata agora a elaboración de un transfer específico, xestión que se demoraba uns días. A partir de agora, a tenda oficial do RC Celta disporá do equipamento e material necesarios para atender calquera petición de serigrafía ao momento. Este servizo xa está dispoñible no establecemento de Balaídos e proximamente tamén o estará no da Sede.