Perú e Costa Rica, rivais de Maxi Gómez e Araujo en cuartos de final

A Uruguai de Maxi Gómez clasificouse esta pasada madrugada para os cuartos de final da Copa América tras imporse por un a cero a Chile e medirase o vindeiro sábado ante Perú. O dianteiro do RC Celta permaneceu no banco durante o encontro.

Ademais, México xa coñece ao seu rival nos cuartos de final de Copa Ouro. Os aztecas enfrontaranse a Costa Rica a madrugada do sábado ao domingo. Néstor Araujo disputou os dous primeiros partidos da fase de grupos e descansou no terceiro, coa súa selección xa clasificada.