Pesar no RC Celta polo falecemento do ex preparador físico Luka Malesev

Pesar no RC Celta polo falecemento nas últimas horas en Novi Sad do que fose preparador físico do equipo celeste Luka Malesev, quen traballou no conxunto vigués ás ordes do adestrador Milorad Pavic.

O RC Celta envíalle o seu máis sentido pésame e todo o seu agarimo aos familiares, amigos e coñecidos de Malesev.