Pesar polo falecemento do ex goleador celeste Abel Fernández

Pesar no RC Celta polo falecemento de Abel Fernández, xogador do RC Celta entre 1965 e 1970. Con 91 goles anotados en 162 partidos, Abel foi un dos goleadores máis importantes na historia do club vigués. O madrileño, oitavo céltico con máis goles na historia do club, logrou dous premios Pichichi en Segunda División durante o seu cinco tempadas en Vigo.

O RC Celta envía o seu máis sentido pésame e todo o seu agarimo e forza aos familiares, amigos e coñecidos do inesquecible dianteiro.