Pesar polo falecemento do abonado nº 3 Pablo Vaquero

Loito no RC Celta polo falecemento de Pablo Vaquero, abonado número 3 do club. Pablo Vaquero, que foi un dos protagonistas da festa do 95º aniversario celebrada o pasado mes de agosto na Sede, levaba 80 anos como socio.

O RC Celta desexa transmitir o seu máis sincero pésame e todo o seu agarimo aos familiares e amigos. DEP