Pione Sisto entra no once ideal da xornada 35

Pione Sisto foi incluído no once ideal da xornada 35 de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División. O danés foi autor do único tanto vigués en Villarreal, un partido que finalizou con derrota celeste por catro a un. Nesta aliñación ideal tamén destaca un canteirán céltico, o gardameta do Eibar Yoel Rodríguez. O galego regresou á portaría vasca tras superar un longo proceso de recuperación e fíxoo asinando un partido sobresaliente.

O once completo compono: Yoel, Savic, Paulista, Oliveira, Morais, Colak, Raba, Sisto, Messi, Bacca e Luís Suárez.