Plan de viaxe: Rayo Vallecano – RC Celta

O primeiro equipo desprázase este xoves a Madrid para xogar a decimonovena xornada de LaLiga ante o Rayo Vallecano (venres, 21:00, beIN Sports LaLiga).

Xoves 10 de xaneiro

17:40 – Saída do aeroporto de Vigo con destino Madrid.

18:55 – Chegada ao aeroporto de Madrid e traslado ao Hotel Hesperia Madrid.

Venres 11 de xaneiro

21:00 – Partido de LaLiga Rayo Vallecano – RC Celta.

Sábado 12 de xaneiro

11:45 – Saída do aeroporto de Madrid con destino Vigo.

13:00 – Chegada ao aeroporto de Vigo e traslado en autobús ata A Madroa.